Alejandro Macías volve estudar na granxa-escola da Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes, onde coñecerá de preto, xunto aos nenos de Primaria, diversos aspectos dos animais de granxa, como son os seus coidados, a alimentación e os seus hábitos. Noutra escapada á vida das granxas, achegarémonos ao dentista co poldriño Larín para a extracción dunha moa que lle está a ocasionar problemas serios. Na sección dos famosos, para coñecer como son as relacións afectivas dos personaxes coas súas mascotas preferidas...