Esta semana en Criaturas, Alejandro descubrirá a Galicia gandeira ao pé dos Ancares, comprobará que aínda hai vacas que viven en auténticas pallozas. Criaturas visitará outra vez a foquiña Fenicio e comprobará se está preparada para regresar ao Gran Sol. Os integrantes do programa transformaranse en verdadeiros vaqueiros para reunir gando salvaxe que hai que sanear. E na sección de Famosos, Antía Otero, nova estrela dos Atlánticos da Galega presentará a súa cadeliña.