Esta semana en Criaturas, Alejandro recibe as súas primeiras clases de equitación na Granxa do Souto en Ortigueira. En Vigo visitará unha familia de osos, xa que o circo está na cidade olívica e o programa aproveitará para saber como viven estes simpáticos animaliños a quen por certo lles encanta a praia. E, por primeira vez, Criaturas entrará na Prisión de Pereiro de Aguiar para asistir a unha terapia con cans. O espazo comprobará como as actividades con cadelos axuda á vida diaria dalgúns dos internos...