Esta semana en Criaturas os espectadores verán linces, dromedarios, monos… da man de Gerardo e o seu paraíso salvaxe particular no interior de Lugo; un zoo particular en que as cámaras do espazo visitarán unha morea de especies exóticas. Achegarémonos ao insólito caso de Yobana: unha xabaril do máis sociable, vive nunha casa en Sober, de onde non quere marchar a pesar de estar solta pola eira e non ter ningún tipo de atadura. E con Paquiño e Kasbec descubriremos os segredos da moda canina, asistiremos ...