O programa Criaturas, que a partir desta semana pasa a emitirse os luns, meterase na auga cos animais mariños que teñen no Acuario do Grove. Para iso o presentador terá que facer de mergullador e comportarse como un auténtico coidador do acuario. En Vigo as cámaras do programa pasaron uns días nun hotel canino con Corak, un labrador a quen lle intentarán aprender unhas pautas de comportamento. Por último, acompañarán na romaría da Franqueira a Rubia e a Paloma, as vacas que este ano sacarán á Virxe en ...