"Criaturas" viaxará ata Ferrolterra, en Valdoviño, onde nos amosará como se fai un programa de televisión: "A Casa de 1907", estreitamente relacionado co mundo dos animais. En Teo, Alejandro Macías visitará a escola de equitación terapéutica de Santiago, que emprega a hipoterapia para xudar a pacientes con autismo. Por outra parte, os espectadores da TVG poderán asistir ao nacemento de catro cadeliños bulldog moi peculiares. No apartadio "Famosos e mascotas", o polifacético actor Josito Porto, presentará as súas mascotas: dous cans e unha gata.