Esta semana, o programa Criaturas achégase ata Ferrol. Desde alí os espectadores coñecerán como se fan os rescates espectaculares con cans que vemos moitas veces na televisión. Derrubamentos, catástrofes, movementos de terra non son un obstáculo para os protagonistas de hoxe. En Meis as cámaras do programa, que presenta Alejandro Macías, asisten ao cortexo de Budiño e Lúa, dous cabalos de pura raza galega. A Asociación Pura Raza de Cabalo Galego cederalle a Javier un cabalo para que monte a súa egua. E...