Nunha nova aventura para tender pontes co mundo animal, o presentador Juan Fuentes converterase esta vez nun aprendiz de gaucho, e para iso contará como mestres cuns auténticos gauchos uruguaios que conservan en Galicia as súas tradicións e métodos de traballo cos cabalos.   Desde outra perspectiva, no centro de recuperación de fauna silvestre de Cotorredondo, veremos como o veterinario Toño intenta solucionar os problemas dun miñato que quedou sen plumas na cola, e coa adestradora Marga Rodríguez visi...