O programa que tende pontes de comunicación e afecto entre as persoas e os animais viaxa esta semana a Froxán, no Courel, para seguir coa egua Sara o proceso tradicional de elaboración do carbón. Pero tamén poderemos ver cantas criaturas exóticas pasan pola consulta da clínica veterinaria Gecko para solucionar os seus problemas de saúde. Noutras realidades que reflicten o valor das tarefas animais en relación con certos problemas humanos asistiremos a unha sesión de traballo de Bu e Piroco, os cadelos te...