"Criaturas" seguirá nesta ocasión a xornada de traballo de César, o veterinario que rolda as terras de Ortigueira atendendo as necesidades das criaturas do rural, para coñecer como se manexa con elas e cales son as situacións máis complicadas que se lle presentan. Amais, da man de Juan Fuentes, asistiremos a un adestramento de cans de defensa de "alta competición", que reabre o debate sobre se realmente a agresividade pode ser controlada, e prestará atención á coella Pupi, para comprobar se resiste a operación de castración á que vai ser sometida e así poder mellorar a súa calidade de vida e a convivencia con outro coello.