"Criaturas", vivirá nesta ocasión unha xornada ao ritmo dun burro moi especial, que dorme e pace a maior parte do día, pero a quen lle dá tempo de traballar movendo unha vella nora de auga en Allariz. O programa tamén se achegará ao zoo de Vigo para seguir de preto os progresos que está a realizar o primeiro voitre leonado que naceu en catividade en España. O presentador Juan Fuentes comprobará, noutra saída do programa, o novo desafío da adestradora María Isabel para conseguir que o galgo Robe, un tanto bulebule, se reconcilie coas ovellas despois de ter feito un primeiro ataque.