"Criaturas" internarase hoxe nunha ruta moi especial, xa que foi a que realizou o último carteiro a cabalo de Galicia. Para chegar ata este camiño enchido de historias cotiás, o equipo do programa, con Juan Fuentes, desprazouse ata O Courel para revivir sobre o mesmo terreo as sensacións dun oficio que tamén serviu de ponte na Galicia do interior. O equipo do programa descubriu no zoo de Vigo que unha das leoas está ferida, xa que ten un corte moi grande que de non actuar con rapidez lle pode custar a vida, namentres que en Ribadumia estará cuns amigos moi especiais, a cadela Bella e as súas compañeiras, que van de terapia ao xeriátrico, pois estas criaturas son un grande estímulo para os nosos maiores.