Dúas liñas distintas de seguimento de amor polos animais van centrar o Criaturas de hoxe, primeiro para ir a Bande e coñecer a Sergio, un home novo que sen embargo elixiu un oficio vello, ser pastor dun gran rabaño de 340 cabras, que amais vai contar unha historia curiosa da súa filla coa cabra Manzanita. O outro camiño leva ata Chantada para coñecer de preto a historia de Castor, unha das persoas que máis sabe de vacas en toda Galicia, coas que mantén unha relación de agarimo moi especial, tanto, que é ...