Tras cumprir o pasado xoves 100 anos de idade, o ex presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor ofrece hoxe unha entrevista en exclusiva no programa da Televisión de Galicia “Contraportada”. O primeiro presidente do goberno autonómico contará como transcorreu a súatraxectoria política e humana e como pasou de ser un médico de recoñecido prestixio amandatario galego. Na reportaxe de “Contraportada” falarán sobre Albor figuras como o presidente do Goberno, Mariano Rajoy; o actual titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo; o ex-vicepresidente da Xunta Xosé Luís Barreiro e diferentes ex-conselleiros que formaronparte do primeiro goberno galego.