Esta semana Diana Nogueira e Duarte Galbán xogan ao noso 'Vai levalo alguén' cos nosos consursantes Jose e Elsa nunha competición que vai estar moi reñida! Ademais Fernando RQR preséntanos a súa nova liña de moda na Xeración Espontánea... con performance incluída! Pepe Capelán contestará a unha pregunta sobre cortar dedos no CCC (Consultorio Capelán Contesta) que lle chegou ao noso número de WhatsApp: 604 02 99 57. Por suposto que non faltará a sección máis curta do audiovisual mundial; a sección de Pini. E para rematar o programa desfrutaremos da música de Sheila Patricia que nos interpretará un dos seus temas en galego: 'O mar'