Esta noite realizamos o GRAN ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL do COMO QUE NON?! contando coa presenza da muller que as clausurou a temporada pasada: Diana Nogueira. Con ela falaremos tamén do seu programa SEGREDOS, DESMONTANDO GALICIA. E ademais teremos no programa a Duarte Galbán que acaba de estrear o seu último espectáculo VELLO AOS VINTE E PICO. Fernando RQR someterá a Duarte ao seu QUE É O QUE TEST millenial na Xeración Espontánea. Pepe Capelán respondera á nota de voz que lle chegou ao WhatsApp do CCC (Consultorio Capelán Contesta) que esta semana trata de orquestras e falaranos do seu éxito viral cos Fillos do Estramonio: A NORIA. Carlos Tresandí entrevistará a un gato que leva unha dobre vida e recibirá unha chamada do podólogo TOTALMENTE ESPONTÁNEA. Analizaremos unha efeméride innecesaria na Sección de Alejandro Martínez "Pini" e remataremos coa grandiosa voz de Sheila Patricia. Desde La Goulette de Vigo, COMO QUE NON?!