Este é o programa que se lle foi das mans a Carlos Tresandí. Iso xa é suficiente titular como para velo... Ademais, os nosos convidados Víctor Grande e Lucía Rodríguez farán parella cos concursantes do VAI LEVALO ALGUÉN para levarse os agasallos dos amigos de patosdegoma.com e o último traballo dos Blues Time que nos interpretarán en directo o tema "Bloody Mind". Na Xeración Espontánea, Fernando RQR vai cantarlle ao seu novo ídolo millenial. Pepe Capelán responderá no CCC (Consultorio Capelán Contesta) unha dubida que nos enviou ao noso WhatsApp 604 02 99 57 vía nota de voz o noso oínte Andrés. Teremos a visita sorpresa de María Xosé Rodríguez que ven gravar unha reportaxe para o Pensando en Ti. E por suposto a Sección de Pini.