Esta semana Carlos Tresandí racha co guión e decide cantar unha canción de Frank Sinatra cos amigos de Le BarLuthier que tamñen interpretarán o tema "I´m gonna sit right down and right myself a letter". Os nosos convidados Alberte Montes e Bea Serén farán parella cos nosos concursantes Ana e Andrés no concurso Vai Levalo Alguén. Fernando RQR someterá a Bea sErén ao seu #QueÉoQueTest para comprobar o seu grao de "millenialidade" e remataremos co CCC de Pepe Capelán respondendo unha nota de voz de María sobre intercambio de parellas. E a sección máis curta do audiovisual tamén estará presente en La Goulette con Alejandro Martínez "Pini".