O que comezou como unha iniciativa do concello de Santa Comba, rematou sendo unha festa que organizan 10 amigos dende fai xa 6 anos. Dez persoas nos 'trinta e tantos', forxadas en mil batallas e dispostas a sacar adiante unhas festas para a historia cun orzamento de 100.000€. Todos coinciden en que son unha gran familia e ano tras ano loitan por facer as mellores festividades, situando a capital do Xallas nun dos centros da movida galega. Trátase dunha comisión coral con postos ben definidos e capitaneados por Chema, un hostaleiro de 34 anos.