Parada de Amoeiro é unha pequena vila de Ourense con menos de 300 veciños pero a cousa cambia cando se celebran as festas na honra do Santiago Apóstolo. O campo da festa énchese tanto que non colle un alfinete entre a xente. A comisión de festas está formada por un grupo de cinco mozos do lugar que loitan ano tras ano por organizar unha das festas máis concorridas da provincia. Veremos todas e cada unha das actividades que realizan para conseguir os miles de euros que precisan. Conseguirán chegar ao bote preciso para pagar o cartel deste ano?