Neste terceiro programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Lemos para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: sopas de allo, corzo estufado e larpeira.
Carlos González, xefe do restaurante O Merenzao, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía de Lemos. Para aprender a preparar estes pratos, os cociñeiros afeccionados irán ó Museo do Ferrocarril de Galicia, en Monforte, para coñecer a José Gonda, ferroviario xubilado que sabe como chegou este peculiar prato á súa comarca. Despois, para aprender a receita, visitarán a cociña de Elena Losada, no Hospedaxe O Ruso, en Escairón. En pleno centro histórico de Monforte, visitarán o Grelo, restaurante de referencia na preparación da carne de caza, onde aprenderán os segredos da preparación do corzo. Por último, visitarán a Panadería Escairón, onde o cociñeiro e reposteiro Martín Mantilla lles aprenderá a facer unha larpeira para lam