Neste décimo programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca do Barbanza para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por empanada de berberechos, chocos da ría con arroz e papas de arroz. Alberto Carou, do Curral do Marqués, en Rianxo, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía do Barbanza. Estes irán xunto ás mariscadoras de Cabo de Cruz, en Boiro, para aprender como se collen os berberechos. Iso si, traballando canda elas! Cos berberechos apañados visitarán a Felisa, de Casa Pachín, quen será a encargada de ensinarlles a facer a exquisita empanada de berberechos con cuncha tan típica desta comarca. Os concursantes tamén van estar na lonxa de Rianxo, onde Fran, vicepatrón da confraría desta vila, os guiará polo mundo das poxas de peixe. Alí terán que poxar para levar un quiliño de chocos ó Mesón Don Miguel, na Pobra do Caramiñal, onde aprenderán a cociñalos na súa tinta. Por último co