No penúltimo programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca do Baixo Miño para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: salpicón de lagosta, lamprea á bordalesa e torta tatín de mirabeis. Chus Castro, do restaurante Bitadorna, será a encargada de guiar aos concursantes pola gastronomía do Baixo Miño. Estes irán empaparse da tradición gastronómica da lagosta nestas terras da man de Diego, lagosteiro da cetárea Langosteiros da Guarda. Na Guarda será tamén onde aprendan como cociñar este animal, e para iso visitarán a Carmen, do restaurante Alborada. En Tabagón, no Rosal, van aprender como sem colle a lamprea, para o que contarán coa axuda de Adolfo, experto pescador deste manxar milenario. Pero será a sabedoría de Fina, de Tui, a que terán que reter para facerse con todos os trucos da preparación da lamprea á bordalesa. Por último, irán xunto a Salvador, de Froitas do Rosal, para aprender sobre a h