Neste cuarto programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Fisterra para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: tortilla de ourizos, caldeirada de congro e calleiro de castañas. Sefa Ínsua, xefe de cociñas do restaurante O Fragón, será a encargada de guiar os concursantes pola gastronomía de Fisterra. Para aprender a preparar estes pratos, os cociñeiros afeccionados irán ó templo do congro na comarca de Fisterra, o restaurante A Casa do Peixe (Muxía), onde Belén Lema lles ensinará a tradición e preparación do deste enorme peixe. Para aprender a tratar un produto tan delicado coma o ourizo de mar visitarán a Enrique Coo, da peixería-restaurante Mar Viva (Corcubión), un lugar onde degustar os produtos directamente do mostrador. Por último, para preparar un postre tan tradicional e peculiar como é o calleiro, coñecerán a Teresa Pombo, do restaurante Casa Valentín, a muller que máis calleiros fo