No derradeiro programa o equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a comarca de Santiago para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: vieira curada, xarrete guisado e coulant de Tarta de Santiago. Alén Tarrío, do Pampín Bar, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía da comarca de Santiago. Estes irán ó restaurante Don Quijote, un clásico da cociña tradicional en Santiago de Compostela, para aprender a cociñar a vieira. En Ames os nosos concursantes van coñecer o proxecto Fisterra Bovine World, no que hai razas de vaca de todo o mundo. Para coñecer os trucos do cociñado do xarrete guisado visitarán o restaurante Cierto Blanco, en Teo. E por último, no restaurante Madia Leva de Santiago de Compostela aprenderán a facer un coulant do postre máis típico e internacional de Galicia: a Tarta de Santiago. Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa