O primeiro capítulo da competición gastronómica da Televisión de Galicia aterra na provincia da Coruña e enfronta a dúas comarcas veciñas, coa Costa da Morte como nexo común: Bergantiños e Fisterra. Esta semana, o equipo de Bergantiños estará liderado por Rocío Martínez, cociñeira en Carballo do restaurante Pementa Rosa. Estarán con ela dous dos seus axudantes, Daniel Santos e Paula Cancela, e completarán o equipo Óscar Ures da Cunca (Buño) e Eva Amado. En Fisterra, o capitán será Manuel Agapito, quen chegou a formar parte do prestixioso Celler de Can Roca. Tamén Miguel Silvarredonda do restaurante Mar Viva (Corcubión), Raúl Góñez, Manuel Antelo do restaurante A Casa do Peixe (Muxía) e Pablo Canosa do restaurante As Eiras (Lires).