O equipo de cociñeiros de Come a Comarca visita a Mariña Lucense para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o menú máis tradicional da comarca, composto por: fabas de Lourenzá con ameixas, merluza con salsa de ourizo e torta de Mondoñedo. Bruno Pena, cociñeiro do Hotel Oca Playa de Foz, será o encargado de guiar aos concursantes pola gastronomía da Mariña. Estes irán xunto a Pepe Cuadrado, presidente da cooperativa Terras da Mariña, que lles irá amosando os numerosos tipos de fabas que venden alí. Despois visitarán a casa de Maruja, de Fabas Maruxa, que lles ensinará a súa riquísima receita de fabas da Lourenzá con ameixas. Os concursantes van visitar as cetáreas naturais de Rinlo, onde Tita e a súa irmá lles explicarán a gastronomía de Rinlo a raíz da historia das cetáreas naturais, as primeiras da Península Ibérica, usadas para o comercio de peixe. Despois, acompañarán a Tita ó seu restaurante, A Mirandilla, para aprender a tratar a espectacular pescada de Bur