No sétimo capítulo de Comando G `Celebrity ́, os 5 famosos protagonistas continúan competindo polo premio de 1.000 euros, que doarán a unha organización solidaria. Unha semana máis terán que superar un reto no que porán a proba as súas habilidades físicas e psicolóxicas. Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada, Silvia Pantoja, serán os encargados de valorar as experiencias que os famosos tiveron que superar esta semana. Trisha Fernández viaxará ata Vigo para traballar nun despezamento de coches. Patricia Pérez, que é unha gran amante dos animais, acompañará a Jesús García, veterinario rural. Alberto Comesaña coñecerá a Pepe Solla e a súa cociña de Estrela Michelín e Sol Repsol. O cantante formará parte do seu equipo de cociña na quenda do mediodía. Paloma Lago vivirá unha experiencia xunto ao piloto de rallies Luís Penido. Terá que converterse na súa copilota. Lucía Rodríguez terá esta semana que preparar as probas físicas para ser Policía Local.