No quinto capítulo de Comando G `Celebrity´, os 5 famosos protagonistas continúan competindo polo premio de 1.000 euros, que doarán a unha organización solidaria. Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e o grupo de música convidado, `Amistades Peligrosas, serán esta noite os encargados de valorar as experiencias que os famosos tiveron que superar esta semana, ademáis das súas actuacións musicais no escenario, nas que versionan cancións moi coñecidas. Patricia Pérez viaxa ata Cambados e será mariscadora por un día xunto a Mª Carmen Resús, que exercerá de xefa esixente para que a presentadora de televisión poña todo da súa parte. Paloma Lago irá ata Lugo para traballar nunha sala de despezado. O seu padriño, Rafael Arias, será o encargado de que a modelo e presentadora demostre a súa destreza cos coitelos. Trisha Fernández vivirá unha experiencia inesquecible xunto a José Rivera, hipnotizador e mentalista. A presentadora da TVG viaxará no tempo e recordará algúns dos momentos