No cuarto capítulo de Comando G `Celebrity´ os 5 famosos protagonistas continúan competindo polo premio de 1.000 euros, que doarán a unha organización solidaria. Unha semana máis, terán que superar un reto no que porán a proba as súas habilidades físicas e psicolóxicas. Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada, Karina, serán esta noite os encargados de valorar as experiencias que os famosos tiveron que superar esta semana, ademais de valorar as súas actuacións musicais no escenario.