No terceiro capítulo de Comando G `Celebrity´, os 5 famosos protagonistas continúan competindo polo premio de 1.000 euros, que doarán a unha organización solidaria. Unha semana máis terán que superar un reto no que porán a proba as súas habilidades físicas e psicolóxicas. Xosé Manuel Piñeiro, Xosé Luís Blanco Campaña e a artista convidada, Natalia, serán esta noite os encargados de valorar as experiencias que os famosos tiveron que superar esta semana. Ademais das súas actuacións musicais no escenario nas que versionan cancións moi coñecidas. Paloma Lago viaxa ata Cambados para vivir unha experiencia moi divertida nunha feira. Xunto a Rita `La Bonita´ e Rocío `La Faraona´, terá que demostrar a súa arte para vender e converterse nunha auténtica feiranta. Pola súa banda, Patricia Pérez terá que traballar como carniceira nun supermercado en Vigo. Un reto de gran dificultade para ela, xa que é vegana. O seu padriño, Hugo Piñeiro, tratará de amosarlle o oficio e de que colabore o máx