Trinta lumes é un filme de Diana Toucedo situado entre o documental e a ficción. Unha narración por veces hipnótica, por veces etnográfica, que non pecha ningunha liña xenérica nin expresiva.A directora desenvolve a súa actividade creativa entre Galicia e Barcelona. En Trinta lumes conta con actores naturais, cun elenco no que descubriu a Alba Arias, protagonista da historia.Neste Clac coñecémo-las intencións de Trinta lumes coa directora, Diana Toucedo, e a actriz protagonista, Alba Arias.