Dhogs é unha das películas máis insólitas do recente cinema galego. Fíxose en 2017, co apoio do crowfunding, con achegas de centos de persoas, que axudaron a cubrir unha parte significativa da produción do filme. Rodada entre a localidade lucense de Meira, de onde é o director, e o deserto de Tabernas en Almería, conta unha serie de historias alucinadas que converxen de xeito dramático. Neste Clac, o seu director, Andrés Goteira e a súa protagonista, Melania Cruz, cóntannos os segredos desta película, antes da súa emisión na TVG.