Oliver Laxe é hoxe un rostro ben coñecido pola xente que sigue os medios de comunicación. É fillo de galegos emigrados, nacido en París. Fixo as súas primeiras curtametraxes polo mundo, dende Tánxer ata Londres, sen perder de vista a raíz galega.As dúas anteriores longametraxes de Laxe, ‘Todos vós sodes capitáns’ e ‘Mimosas’, están rodadas fóra de Galicia. Ámbalas dúas foron multipremiadas, especialmente en Cannes. ‘O que Arde’, a súa terceira longa, si que está rodada por completo na Galicia da súa infancia, nos Ancares.Hoxe en Clac acompáñannos Oliver Laxe e Benedicta Sánchez.