Primeira emisión do programa Clac, dedicado ao cinema galego. Nesta emisión analízase o proceso creativo da Esmorga, coa colaboración do seu director Ignacio Vilar e unha das protagonistas, Sabela Arán. Tamén se incorpora unha carteleira semanal, na que se inclúen as películas  'A primeira vaca', 'Poliamor para principiantes' e 'a viaxe de Chihiro'. Finalmente na sección de actualidade, achegámonos á  rodaxe de ‘Proxecto Emperador’, o novo filme dirixido por Jorge Coira e producido por Vaca Films. Con Luis Tosar de protagonista, relata unha historia de espías.