A loita de sexos toma a rúa. A terapia da doutora Castro está a remover os recordos de Chelo, sacando a flote unha antiga frustración, arrastrada dende a nenez. E é que Chelo nunca foi capaz de competir co seu pai Ciriaco, eterno triunfador nos xogos da súa infancia. Un ano máis, a Rúa dás Zocas celebra as festas patronais e Ciriaco, moi orgulloso, pasea polo barrio o trofeo dos xogos veciñais, gañado ano tras ano, sen interrupción, dende hai unha década.