Nesta nova entrega de "Chapa e Pintura", os habitantes da rúa das Zocas descubrirán con temor, uns máis que outros, que na súa veciñanza opera algún que outro "amigo do alleo". Unha ducha fría non adoita ser boa cousa, a non ser que a calor aperte e, en todo caso, cando é obrigada e a traizón, nunca gusta. Unha situación á que se enfronta con bastante frecuencia Chelo Galán, desde hai xa a friorenta de vinte anos. E todo porque ao deixado do seu ex, Raúl, nunca lle deu a gana de chamar ao servizo técnico da súa caldeira. Pero claro, para que o ía a facer? Se nin sequera estaba ao día nos pagos do seguro... Pero vinte anos máis tarde a situación pasaralle factura, e das de setecentos euros para arriba, polo que o noso galán vido a menos terá que enxeñalas para conseguir o diñeiro, sexa como sexa. Ao que parece que si lle sobran uns cartos é a Serafín, única man de obra cualificada do taller de motos de Ciriaco. O mecánico tirou a casa pola xanela para celebrar o seu aniversario con Rita