Un encontro fortuíto será o detonante dunha historia de amor furtivo; oculto aos ollos dos veciños da Rúa dás Zocas, demasiado ocupados na súa particular guerra de sexos entre o salón de peiteados e o taller mecánico.  Pero cal é ese misterio que fai deste romance algo imposible?. Só un dato transcenderá deste idilio secreto: a diferenza de idade dos "contendentes". Unha historia con todos os ingredientes necesarios para converterse na diana dos contos do barrio. Pero a que non está para moitos rexoubeos é Chelo que, tras a declaración de guerra do seu ex, Raúl, vive obsesionada coa idea de que todo movemento no taller forma parte dunha conspiración contra ela. A peiteadora sospeita de todo o mundo e parece desestabilizarse por momentos. Aínda que non é a única descentrada, xa que as súas empregadas Rita e Noé non gañan para disgustos amorosos. A primeira porque o seu home, Serafín, non cumpre cos deberes maritais como debese. A segunda porque lle gustaría que alguén tivese deberes mar