Traxicómica morte no salón de peiteados. Noe arrastra un terrible trauma dende a nenez: a moza aprendiz de peiteadora está convencida de que é unha asasina en serie. E motivos para crelo non lle faltan pois, ao longo da súa vida son varias as persoas que faleceron só tras entrar en contacto con ela. Primeiro foi o seu avó, un profesor da súa adolescencia e ata a instrutora da autoescola... A maldición parecía ter desaparecido cos anos, pero a morte de dona Pitusa, clienta habitual do salón, tras as atencións da aprendiza, farán que Noe se sinta moi culpable e algo paranoica. Ou, máis ben, moi paranoica e algo culpable. Lola, moi afectada pola morte en soidade de Pitusa, a súa compañeira de peiteados, decidirá facerse cargo do funeral da defunta. Grazas á súa insistencia, todos os veciños se sentirán na obriga de participar nas honras fúnebres. Aínda Que o como participar non queda demasiado claro. Pola súa banda, Ciriaco, o máis veterano da Rúa dás Zocas, decidirá ser previsor e organi