Chelo pasou á acción e, por fin, Raúl recibiu a demanda de divorcio. Pero el vive convencido de que, todos os actos do seu ex son meras consecuencias da manipulación das súas frívolas amigas. Chegou o momento de contraatacar. Como?, manipulando el tamén a Chelo; engaiolándoa con recordos e promesas... Exactamente a mesma técnica coa que a tivo aletargada durante vinte anos de matrimonio. Marea tanto a pobre peiteadora que esta comeza asomatizar o seu malestar. Náuseas, vómitos, dores de cabeza e malestar xeral obrigarán a peiteadora a collerse uns días de baixa. Pobre Chelo. Pobre por ter a Raúl de ex parella, por somatizar a manipulación e por ter de mellores amigas a dúas inimigas encarnizadas que farán da súa enfermidade (máis ben, do seu coidado) motivo de disputa. Con Chelo enferma e Rita de enfermeira, Noe queda á fronte do salón de peiteados. A aparente tranquilidade do principio pronto tornarase caos e a moza aprendiz, vítima da sobrecarga de traballo, sufrirá un accidente labo