Coñeceremos a Chelo e a Raúl, un matrimonio aparentemente idílico pero cargado de mentiras. Non quere dicir que isto sexa o normal, pero o habitual é que todo o mundo coñeza casos como o seu. E o normal, xa o dicía o refrán, é que as mentiras pillen o coxo. E neste caso, o coxo é Raúl; coxo, mentireiro, de moral distraída e cunha afección incontida para repartir con toda canta muller se poña a tiro os seus talentos amorosos. Feito ignorado por Chelo, pero que o vai descubrir e a vai poñer ao bordo da histeria.Como en toda historia de amor que se prece, cando este desaparece (o amor), chega a guerra. E "Chapa e Pintura" non vai ser menos, unha guerra cos seus bandos, o seu campo de batalla, as súas treguas e as súas estratexias.Na primeira visita á ficticia rúa dás Zocas, coñeceremos o salón de barbaría de Chelo e o taller de motos do seu pai, Ciriaco... e a toda a fauna que neles habita.