Nesta ocasión, para manter a súa relación en segredo, Manola e Agustín fan unha escapada romántica á cidade. Nacho e Vero, os seus respectivos fillos, non sospeitan nada do idilio porque están demasiado ocupados cos seus propios problemas. El ten que atopar a forma de saltar a estrita dieta que lle impón a súa muller. E ela ten que lidar con Barrantes, que quere promover o seu licor café caseiro a través da adega.