"Casa Manola" recibe a visita de Feáns e Boisaca, dous membros da Real Academia Galega, interpretados polos actores Marcos Viéitez e Josito Porto, que van elixir o escritor que vai ser homenaxeado no próximo Día das Letras Galegas. Nacho quere aproveitar a súa presenza para obter recoñecemento como poeta e, para sorpresa de todos, non tardan en aceptalo nas súas reunións. Non obstante, os escritores agochan un escuro propósito. Pola súa parte, Sindo tamén quere entrar a formar parte da elite local: os xubilados. E mentres tanto, e a pesar de que deixou a bebida, Barrantes comeza a falar cunha rapaza que ninguén máis ve.