Despois de fracasar co negocio da adega e seguindo os consellos do seu terapeuta, Vero quere centrar os seus esforzos en xestionar a casa de turismo rural. Pero a súa sogra impídello porque xa está farta de ser mangoneada polos demais. A actitude hostil de Manola fai que a súa familia se enfronte a ela, pero atopa un inesperado apoio no seu veciño Cabanés, quen enseguida comeza a amosarse moi cariñoso con ela.