Durante a celebración do Torneo de Chave, “Casa Manola” recibe a visita dun inspector da Consellería que lle reclama á xerencia da casa rural que xustifique os gastos da subvención que lle foi outorgada.  Mentres tanto, o que de verdade preocupa a Nacho non ten nada que ver coa contabilidade do establecemento. Despois de tratar de darlle celos a Vero con Saray, Nacho precisa librarse dela, que parece decidida a conquistar o seu corazón.  Para isto, o fillo de Manola acode ao seu conselleiro matrimonial: Sindo. Coma sempre, o conselleiro sempre ten unha recomendación para o seu amigo e anímao a que se comporte de forma desagradable con Saray para afastala do seu lado e recuperar a Vero. Pero a Nacho as cousas non lle van ir exactamente coma el desexaría.