Barrantes está moi contento coa chegada á casa de turismo rural de Quinocho, un veciño a quen el e todos os rapaces da vila admiraban moito cando eran novos. Pero a súa visita non é do agrado de Manola, pois considera que ese trangalleiro foi unha mala influencia para o seu defunto marido, pois, ademais de levalo de troula, apañoulles unha chea de cartos.  Quen non se atreve a saír de festa é Sindo, pois séntese incapaz de bailar en público. Fanny intenta que supere o seu trauma, pero as consecuencias son imprevisibles. Mentres tanto, Vero trata de arranxar o matrimonio dos seus pais.