Terceira temprada da comedia costumista "Casa Manola" que regresa con
convidados estelares como Xosé Ramón Gayoso, Cañita Brava ou Xosé Antonio
Touriñán, entre outros moitos.
A posta en marcha dun pretencioso gastrobar e a chegada á vila dun peculiar
terapeuta, interpretado polo cómico David Perdomo, dinamitarán a fráxil
convivencia desta extravagante familia e do seu ruinoso negocio. A casa de
turismo rural será fonte de novos conflitos e á súa incapacidade para
rexentala haberá que engadirlle unha chea de frenéticas e divertidas tramas
argumentais que marcarán as vidas dos residentes en "Casa Manola".