Nesta ocasión, os espectadores verán como vai dar comezo a Copa da
Costa, pero o Marítimo do Portiño, o equipo de fútbol da vila, non ten
xente para facerlle fronte ao seu eterno rival: o Olímpico de
Pumariño.
A situación é tan mala que Barrantes ten que tomar o control do club
para evitar a súa desaparición. Mentres tanto, Vero recibe a visita da
súa nai, convencida de que o seu home ten como amante unha rapaza moi
nova.