Relata un complexo e emocional triángulo amoroso, ambientado no narcotráfico galego da década dos 80. A trama iníciase na localidade galega de Noitía, onde dous amigos adolescentes, Fins e Brinco, manteñen unha rivalidade por Leda, quen amosa a súa preferencia por Fins. A relación entre ambos os dous interrómpese bruscamente cando el se ve na obriga de marchar de Noitía. Pasados vinte anos, Fins regresa convertido en policía a unha localidade onde todo cambiou: as redes contrabandistas tradicionais reconvertéronse ao narcotráfico, baixo o control dun poderoso capo, Mariscal, e Brinco e Leda teñen un fillo. Os vellos afectos, as lealdades e o cumprimento do deber mestúranse e están presentes en todas as actitudes dos personaxes.