Cantas ou non? segue co seu escenario itinerante instalado en Lalín, onde seis concursantes, acompañados polos presentadores Fran Cañotas e Noelia Rey, buscarán ser os mellores cantantes de karaoke para conseguir unha praza na final semanal. No penúltimo programa da semana veñen concursar desde Melide, Fátima; de Ourense, Valeria; desde A Estrada, Alberto e Paula; e de Santiago, Nerea e Nieves. Quen conseguirá pasar á final do venres? A verbena pona este ano Cantas ou non?, con tanta distancia de seguridade coma divertimento asegurado. A que soa ben?